Manuel Deschamps
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1853 Sigrás, España |
Morte | 1923 (69/70 anos) Canet de Mar, España |
Actividade | |
Ocupación | capitán de barco |
Manuel Deschamps Martínez, nado en Sigrás (Cambre) en 1853 e finado en Canet de Mar (Barcelona) en 1923, foi un capitán de barco galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Deschamps, quen obtivo o título de piloto en 1872, entrou na Compañía Transatlántica seis anos despois.[1] En 1898, dirixindo o Montserrat, burlou por tres veces o bloqueo estadounidense á illa de Cuba. Logrou atracar en Cienfuegos cargado de víveres e 500 soldados.[2]
Trala guerra hispano-estadounidense seguiu a súa carreira como mariño mercante. Dirixiu, entre outros, o Santa Isabel na súa viaxe inaugural.[3]
En 1998 os seus restos foron trasladados ao Panteón de Marinos Ilustres de San Fernando (Cádiz). É o único civil soterrado alí.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Pola súa acción en Cuba recibiu a Gran Cruz do Mérito Naval, ademais dunha pensión.[4]
O concello da Coruña bautizou en 1971 unha rúa co seu nome. Igualmente, o de Cambre púxolle o seu nome a unha praza.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Gente de Cádiz". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2018.
- ↑ Blanco, Katiuska (2006). Todo el tiempo de los cedros: paisaje familiar de Fidel Castro Ruz (en castelán). Txalaparta. p. 31.
- ↑ "Recuerdos del pasado. La historia olvidada del vapor "Santa Isabel"". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Deschamps". ABC (en castelán). 5-4-1908. Consultado o 12-1-2018.
- ↑ "Cambre homenajea a un héroe de la guerra de Cuba con un gran monolito", artigo en La Voz de Galicia, 8 de novembro de 2003 (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Manuel Deschamps: Un héroe de la guerra de Cuba", artigo en La Opinión de A Coruña, 30 de novembro de 2009 (en castelán).
- Manuel Deschamps y Martínez